22 dic 2011

XA TEMOS O NOME!!!

O concurso deu resultado. Cazamos o nome. Moitas grazas, Raquel, pola idea. En breve terás o teu merecido premio.
Pois iso, lectoras e lectores, aí vos vai o nome gañador do concurso, co que bautizaremos o noso Club de Lectura:


                       RILLA-LECTURAS


Gústavos, non si? Pois quedádevos co nome porque vai dar que falar...
BO NADAL PARA TOD@S!!!

14 dic 2011

Á CAZA DUN NOME PARA O NOSO CLUB DE LECTURA

Aquí vos deixamos as bases do concurso. Collede a rede de cazar bolboretas e participade na caza do nome. Hai que botarlle... Imaxinación! Que ía ser se non?

PARTICIPADE, HABERÁ UN PREMIO BEN XEITOSO!

8 dic 2011

CONTOS POR PALABRAS

Benqueridos lectores e lectoras,


Proximamente entregarei polas aulas os exemplares de Contos por palabras  -en calidade de préstamo- a todos os que participades no Club de Lectura. Estade atentos!! 


A idea é que leades o libro ao longo dos días de lecer que nos veñen dentro de nada. Á volta das vacacións faremos unha xuntanza para a posta en común de ideas, inquedanzas, soños, proxectos... e, como non, para falar un pouquiño sobre a nosa primeira lectura.


Vémonos 
e lémonos!

Hoxe recomendamos:

Chegoume polos fíos da rede información sobre unha novela gráfica que acaba de saír do forno. Titúlase La inspiración dormida e ten trazas de ser moi gorentosa.
Déixovos unha ligazón e máis cousas para que lle botedes un ollo e xulgedes por vós mesmos.






AGARDO QUE VOS PRESTE!!