O concurso deu resultado. Cazamos o nome. Moitas grazas, Raquel, pola idea. En breve terás o teu merecido premio.
Pois iso, lectoras e lectores, aí vos vai o nome gañador do concurso, co que bautizaremos o noso Club de Lectura:
RILLA-LECTURAS
Gústavos, non si? Pois quedádevos co nome porque vai dar que falar...
BO NADAL PARA TOD@S!!!
22 dic 2011
14 dic 2011
Á CAZA DUN NOME PARA O NOSO CLUB DE LECTURA
Aquí vos deixamos as bases do concurso. Collede a rede de cazar bolboretas e participade na caza do nome. Hai que botarlle... Imaxinación! Que ía ser se non?
PARTICIPADE, HABERÁ UN PREMIO BEN XEITOSO!
PARTICIPADE, HABERÁ UN PREMIO BEN XEITOSO!
Bases concurso nome club de lectura
View more documents from almudenaff
8 dic 2011
CONTOS POR PALABRAS
Benqueridos lectores e lectoras,
Proximamente entregarei polas aulas os exemplares de Contos por palabras -en calidade de préstamo- a todos os que participades no Club de Lectura. Estade atentos!!
A idea é que leades o libro ao longo dos días de lecer que nos veñen dentro de nada. Á volta das vacacións faremos unha xuntanza para a posta en común de ideas, inquedanzas, soños, proxectos... e, como non, para falar un pouquiño sobre a nosa primeira lectura.
Vémonos
e lémonos!

Hoxe recomendamos:
Chegoume polos fíos da rede información sobre unha novela gráfica que acaba de saír do forno. Titúlase La inspiración dormida e ten trazas de ser moi gorentosa.
Déixovos unha ligazón e máis cousas para que lle botedes un ollo e xulgedes por vós mesmos.
AGARDO QUE VOS PRESTE!!
1 dic 2011
IMOS SEMENTAR LIBROS NA TERRA CHÁ!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)