O CLUB DE LECTURA REMATA A SÚA ANDAINA -POR AGORA- CUNHA GRANDE FESTA.
GUSTOUVOS, NON?
EN SETEMBRO, VOLVEMOS DE NOVO Á CARGA, A POR NOVOS LIBROS QUE NOS ENVOLVAN EN FERMOSAS HISTORIAS.
BO VERÁN!!
LEVADE SEMPRE UN BO LIBRO CONVOSCO!!!
RILLA-LECTURAS
Club de Lectura do IES Lois Peña Novo
21 jun 2012
ISTO NON É UN ADEUS, É UN ATA LOGO!
26 abr 2012
LIBROS QUE DEIXAN PEGADA
Velaquí o resultado da exposición que celebra o día do libro.
Pegamos os pés polas paredes do centro.
Moitas grazas polas vosas recomendacións de lecturas, son ben interesantes.
E, XA SABEDES... LÉMONOS!!!
Pegamos os pés polas paredes do centro.
Moitas grazas polas vosas recomendacións de lecturas, son ben interesantes.
E, XA SABEDES... LÉMONOS!!!
19 abr 2012
23 de abril: DÍA DO LIBRO
Boas, lectores e lectoras fieis!!
Xa estamos a preparar unhas actividades gorentosas para rillar nos próximos días, co gallo da celebración do día (ou da semana) do libro. Non sexades impacientes, que xa queda pouco para saír de dúbidas...
Ademais, en breve xuntarémonos para comentar PERSÉPOLIS, a novela gráfica que tanto vos gustou ler.
Lémonos!!!
Xa estamos a preparar unhas actividades gorentosas para rillar nos próximos días, co gallo da celebración do día (ou da semana) do libro. Non sexades impacientes, que xa queda pouco para saír de dúbidas...
Ademais, en breve xuntarémonos para comentar PERSÉPOLIS, a novela gráfica que tanto vos gustou ler.
Lémonos!!!
16 feb 2012
EU NAMORAR, EU NAMORAR, EU NAMOREI
Este martes, día 14 de febreiro, celebrouse por todo o alto no noso Club de Lectura. Fixemos un mural con imaxes, anacos de poemas e acrósticos relacionados co amor. Mirade e xulgade...
10 feb 2012
2ª XUNTANZA: ACTIVIDADES DÍA DOS NAMORADOS
O vindeiro día 14 faremos unha sesión de actividades na nosa Biblioteca. Todas elas relacionadas co amor, que celebramos especialmente este día. Mais, non credes que é cousa de practicar tódolos días?
Non sexades vítimas do consumismo ao que nos invitan nesta data. Os mellores agasallos son inmateriais. Por iso, aquí vos vai unha idea para namorar a quen queirades:
Escribídelle un ACRÓSTICO. Que qué é iso?
Poñede o nome desa persoa en letras maiúsculas, unhas debaixo das outras, en vertical. E a partir de cada unha das letras do nome arrincades unha palabra fermosa, ou un verso.
ESE SI QUE É AGASALLO. Vaivos aquí un exemplo, de balde:
Sorrisos e amenceres
Acubillo de cóxegas mornas
Buligar de estrelas na noite
Epicentro de tremores e paixóns
Lúa chea nos ollos
Amante e cómplice de min.
Por certo: botade unha ollada ao noso facebook; só tedes que buscar CLUBE DE LECTURA DO IES LOIS PEÑA NOVO e daredes connosco.
13 ene 2012
PRIMEIRA XUNTANZA: CONTOS POR PALABRAS
Este xoves tivemos unha xuntanza ben animada, segundo dixeron as asistentes. Foron poucas, pero boas, que é o que importa.
Os relatos de Contos por palabras arrincan de anuncios tirados dos xornais. E nós puxémonos a buscar por tales páxinas e fixemos unha chea de recortes. Algúns deles máis picantes ca outros... e non eran pementos de padrón.
Chantamos os recortes nun corcho que quedará exposto uns días na entrada do Instituto. Mirádeos ben, pois atoparedes cousas chamativas e riredes un pedazo. Os anuncios están clasificados en distintas seccións, aínda que se poderían engadir moitas outras. Tamén reflexionamos un chisco sobre a existencia de tales mensaxes nos medios de comunicación de masas, sobre todo da polémica sección de contactos.
Vaia, e rematamos a xeira cunhas cantigas ben xeitosas; a última delas foi unha que puxo de moda un futbolista portugués ben coñecido... Ai, si eu te pego... E aínda petiscamos algo. En fin, unha cousa informal, pero non por iso menos produtiva.
Aquí vos deixamos unhas fotografías do xuntoiro:
O que vos perdestes!!! Agardamos que na próxima esteades tod@s, miraremos de cadrar mellor a hora.
E VÓS QUE DICIDES DO LIBRO?
QUE RELATO VOS GUSTOU MÁIS? POR QUE RAZÓNS?
PODERÍADES CREAR VÓS UN BREVE RELATO A PARTIR DUN ANUNCIO POR PALABRAS?
AGARDAMOS CON IMPACIENCIA OS VOSOS COMENTARIOS!!!
22 dic 2011
XA TEMOS O NOME!!!
O concurso deu resultado. Cazamos o nome. Moitas grazas, Raquel, pola idea. En breve terás o teu merecido premio.
Pois iso, lectoras e lectores, aí vos vai o nome gañador do concurso, co que bautizaremos o noso Club de Lectura:
RILLA-LECTURAS
Gústavos, non si? Pois quedádevos co nome porque vai dar que falar...
BO NADAL PARA TOD@S!!!
Pois iso, lectoras e lectores, aí vos vai o nome gañador do concurso, co que bautizaremos o noso Club de Lectura:
RILLA-LECTURAS
Gústavos, non si? Pois quedádevos co nome porque vai dar que falar...
BO NADAL PARA TOD@S!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)