O vindeiro día 14 faremos unha sesión de actividades na nosa Biblioteca. Todas elas relacionadas co amor, que celebramos especialmente este día. Mais, non credes que é cousa de practicar tódolos días?
Non sexades vítimas do consumismo ao que nos invitan nesta data. Os mellores agasallos son inmateriais. Por iso, aquí vos vai unha idea para namorar a quen queirades:
Escribídelle un ACRÓSTICO. Que qué é iso?
Poñede o nome desa persoa en letras maiúsculas, unhas debaixo das outras, en vertical. E a partir de cada unha das letras do nome arrincades unha palabra fermosa, ou un verso.
ESE SI QUE É AGASALLO. Vaivos aquí un exemplo, de balde:
Sorrisos e amenceres
Acubillo de cóxegas mornas
Buligar de estrelas na noite
Epicentro de tremores e paixóns
Lúa chea nos ollos
Amante e cómplice de min.
Por certo: botade unha ollada ao noso facebook; só tedes que buscar CLUBE DE LECTURA DO IES LOIS PEÑA NOVO e daredes connosco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario